Eric Thompson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1919 Surbiton, Reino Unido (pt) |
Morte | 22 de agosto de 2015 (95 anos) Guildford, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
Eric David Thompson (4 de novembro de 1919 – 22de agosto de 2015)[1][2] foi un piloto, vendedor de libros e corredor de seguros británico. Participou en carreiras de coches deportivos entre 1949 e 1955 obtendo o seu maior éxito ao terminar terceiro nas 24 Horas de Le Mans de 1951 e participou no Gran Premio do Reino Unido de 1952.
Thompson traballou como corredor de Lloyd's of London. A súa andaina nas carreiras comezou en 1948, competindo con coches para HRG. Gañou a clase de 1,5 litros nas Les 24 Heures du Mans en 1949 e pilotou para Aston Martin conducindo un DB2 ao terceiro posto nas 24 horas de Le Mans de 1951. Tamén pilotou en Fórmula Libre, RAC Tourist Trophy e Fórmula 2 acadando un éxito menor. Participou na súa única carreira de Fórmula 1 no Gran Premio do Reino Unido de 1952 terminando quinto e despois traballou en Lloyd's. Retirouse das carreiras de motor a finais de 1955. Thompson renunciou a Lloyd's nos anos 80 e converteuse nun comerciante de libros raros sobre automobilismo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Thompson naceu o 4 de novembro de 1919 en Ditton Hill, Surrey. Na súa infancia desenvolveu un interese polo automobilismo, converténdose nun fan de Richard Seaman. Despois de deixar a escola secundaria, Thompson atopou un traballo en Lloyd's of London como corredor de seguros. O traballo estaba ben remunerado e requiría compromiso, lealdade e longas horas de traballo. Thompson gañou moitos premios polo seu esforzo e durante a segunda guerra mundial estivo no servizo activo.[3]
Andaina
[editar | editar a fonte]Despois da guerra, Thompson decidiu seguir a súa paixón polas carreiras de motor. Comezou a súa andaina nas carreiras en 1948 aos 28 anos e estivo ben financiado. Thompson continuou traballando en Lloyd's de Londres e tiña dereito a dúas semanas de vacacións, con cada terceira fin de semana libre, cando corría.[3] A súa primeira carreira foi as 12 Horas de París celebrada no Autódromo de Linas-Montlhéry nunha condución compartida con Robin Richards pilotando un HRG, quedando cuarto na clase de 1,5 litros e 17º na xeral.[4]
En 1949 Thompson debutou nas 24 Horas de Le Mans con HRG compartindo o seu volante con Fairman Jack. A parella gañou a clase de 1,5 litros e quedou oitavo na xeral.[4] Máis tarde entraron nas 24 horas de Bélxica, no Circuíto de Spa-Francorchamps onde obtivo a vitoria na súa clase.[3] Thompson tamén gañou dúas carreiras de handicap en Goodwood. [5] Posteriormente Thompson gañou a clase no Silverstone International Trophy e quedou sexto na súa categoría na Prescott Hillclimb. En 1950 uniuse a Aston Martin e apoiou a tres pilotos: Reg Parnell, Peter Collins e Roy Salvadori.[3]
A primeira carreira de Thompson para Aston Martin foi unha carreira dunha hora disputada en Silverstone onde terminou cuarto na súa clase e 14º na xeral. Tamén participou nas 24 Horas de Le Mans de 1950 compartindo un Aston Martin DB2 con John Gordon pero foi forzado a retirarse despois de nove voltas por fallo no motor.[3] Thompson tamén correu con HRG e conseguiu unha vitoria de clase quedando segundo na xeral en Blandford, terceiro nun Goodwood Handicap e obtivo unha vitoria de clase no Sprint da Universidade de Cambridge en Bedwell Hey. No mesmo ano Thompson debutou na Fórmula 3 pilotando un Cooper-Vincent en Castle Combe onde se retirou. [3]
En 1951 Thompson competiu de xeito destacado nas carreiras de rodas abertas. Competiu na Copa Goodwood Lavant nun Cooper terminando quinto e terminou na mesma posición nun Bugatti Type 51 nun evento de Boreham Libre. Máis tarde competiu nun ERA / Delage e Delahaye e noutras fórmulas Libre, e participou en eventos de coches deportivos cun Aston Martin DB2 no RAC Tourist Trophy onde terminou terceiro na súa clase e oitavo na xeral.[3] No equipo oficial, Thompson compartiu un DB2 con Lance Macklin nas 24 Horas de Le Mans de 1951, onde a parella acadou a vitoria na clase de 3 litros e quedou terceira na xeral.[6]
En 1952 Thompson participou nas súas terceiras 24 Horas de Le Mans pilotando un Aston Martin DB3 xunto a Parnell pero retirouse por problemas de transmisión. A parella sufriu unha nova retirada nas Nove horas de Goodwood cando, durante a carreira, o coche que conducía Thompson entrou no pitlane fumeando e Parnell non estaba preparado para tomar o asento. Parnell colleu a Thompson polo brazo e arrastrouno antes de que o coche se incendiara. [3] Durante todo o ano conduciu un DB2 inscrito por Peter Walker, logrando dúas vitorias en eventos de handicap en Goodwood e unha en Snetterton cunha sétima e oitava praza no mesmo circuíto. Máis tarde acadou o terceiro posto na CUAC Bottisham Sprint. Thompson gañou a segunda, a sétima e a décima carreiras en Snetterton, o terceiro en Boreham e Castle Combe pilotando un ERA/Delage e o quinto nun ERA privado no evento Grand Prix do Reino Unido Libre. [3]
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Thompson participou nun Connaught para o Gran Premio do Reino Unido de 1952 cun motor Lea-Francis e clasificou o coche noveno na grella.[7] Na carreira recuperou unha posición cando o piloto de Gordini Robert Manzon viuse obrigado a retirarse cun problema de embrague. Logrou terminar no quinto posto, a tres voltas do gañador da carreira Alberto Ascari e por diante do campión do mundo de pilotos de 1950 Giuseppe Farina e detrás do seu compañeiro de equipo Dennis Poore.[8]
Despois da Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Thompson participou nas 24 Horas de Le Mans de 1953 nun Aston Martin DB3S con Poore coma parella retirándose por un fallo de ignición despois de 182 voltas.[3] Parnell e Thompson participaron nas Goodwood Nine Hours con Parnell pilotando na primeira etapa e Thompson nas seguintes 70 voltas. Parnell fíxose cargo despois de 77 voltas e sufriu unha picada 22 voltas despois. Despois de entrar en boxes, Parnell deu outras 53 voltas, tomando Thompson o relevo ás 21:45. Despois de problemas co embrague, Thompson reincorporouse a falta de 2 horas e 15 minutos. A parella acabou gañando a carreira. Ambos participaron no Tourist Trophy dese ano, onde quedaron segundos.[3]
Thompson conseguiu o segundo posto en Thruxton e levou un Aston Martin DB2 ao quinto posto no Goodwood Easter Handicap e fíxo sexto nunha carreira Libre pilotando un Aston Martin DB3, pero viuse obrigado a retirarse das 6 horas de Silverstone. Participou en carreiras monoplaras pilotando un Connaught A-Type a dúas vitorias en Snetterton e segundo nunha carreira Libre no campionato de Fórmula 2.[3]
En 1954 Thompson reduciu a súa presenza na escena automobilística nacional. Pasou o ano pilotando un Aston Martin DB2 e disputou as 24 Horas de Le Mans de 1954 nun Lagonda DP115 con Poore. A parella retirouse tras un fallo despois de 25 voltas.[3][9] En 1955 Thompson anunciou a súa retirada das carreiras de motor debido á presión do seu traballo e pilotou nas súas derradeiras 24 Horas de Le Mans de 1955 onde se retirou con problemas de motor despois de 60 voltas.[4] Tamén pilotou nas Nove horas de Goodwood nun Connaught-Lea-Francis ALSR con Kenneth McAlpine, acabando 16º. A última carreira competitiva de Thompson foi en 1956 nos CUAC Speed Trials, conducindo un Jason de 498cc co que logrou o segundo posto na súa clase. [10]
Despois do automobilismo
[editar | editar a fonte]Despois de anunciar a súa retirada do automobilismo, Thompson concentrouse no seu traballo en Lloyd's. Renunciou ao seu traballo na década de 1980 e abriu unha libraría preto de Guildford, vendendo libros raros sobre a historia das carreiras de motor.[11][12] Thompson tamén fixo aparicións ocasionais en festivais históricos.[3] Converteuse no primeiro piloto que ingresou no Salón da Fama dos Pilotos de Le Mans en 2013.[13]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Posición | Equipo | Coche |
---|---|---|---|---|
1951 | 24 Horas de Le Mans de 1951 [14] | 3º | Aston Martin | Aston Martin DB2 |
1952 | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1952 [15] | 16º | Connaught Engineering | Connaught-Lea Francis A |
1953 | Aston Martin Owners Club F2 Race [16] | 1º | Connaught A | |
9 Horas de Goodwood [17] | 1º | David Brown | Aston Martin DB3S | |
RedeX Trophy [18] | 1º | Connaught A | ||
Tourist Trophy [19] | 2º | Aston Martin | Aston Martin DB3S | |
AMOC Trophy [20] | 3º | Connaught A |
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Connaught Engineering | Connaught Type A | Lea-Francis 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR 5 |
ALE | NED | ITA | 16º | 2 |
Resultados completos das 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1949 | Ecurie Lapin Blanc | Jack Fairman | HRG Lightweight | S1.5 | 202 | 8th | 1º |
1950 | Aston Martin Ltd. | John Gordon | Aston Martin DB2 | S3.0 | 8 | DNF Motor | |
1951 | Aston Martin Ltd. | Lance Macklin | Aston Martin DB2 | S3.0 | 257 | 3º | 1º |
1952 | Aston Martin Ltd. | Reg Parnell | Aston Martin DB3S | S3.0 | Ret. Transmisión | ||
1953 | Aston Martin Ltd. | Dennis Poore | Aston Martin DB3S | S3.0 | 182 | Ret.DNF Encendido | |
1954 | David Brown | Dennis Poore | Lagonda DP115 | S5.0 | 26 | Ret. Accidente | |
1955 | Connaught Engineering | Ken McAlpine | Connaught AL/SR | S1.5 | 60 | Ret Motor |
Resultados completos nas 24 Horas de Spa
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1949 | Ecurie Lapin Blanc | Jack Fairman | HRG Lightweight | S1.5 | 10º | 1º |
Resultados completos nas 12 Horas de París
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1948 | Ecurie Lapin Blanc | Robin Richards | HRG-Singer 1100 | 1.1 | 17º | 4º |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Obituary: Eric Thompson 1919-2015". Other News. Autosport.com. 2015-08-25. Consultado o 2015-08-25.
- ↑ "In Memoriam: Eric Thompson (1919-2015)". Le Mans (en French). Endurance-Info.com. 2015-08-25. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2015-08-25.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 "Eric Thompson – Biography". F1Rejects.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2006. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Thompson, Eric". British Racing Drivers Club. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2007. Consultado o 25 de outbro de 2014.
- ↑ Peter Scherer, "50 Years of British Grand Prix Drivers ", tfm Publishing, 1999, p.91.
- ↑ Harbord, Charles (10 de decembro de 2004). "Eric Thompson – 3rd at Le Mans in 1951". Classic Driver. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "1952 British GP – Starting Grid". ChicaneF1.com. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "1952 British Grand Prix". Formula1.com. Formula One Management. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ Gardiner, Tony (2004). The Brighton National Speed Trials. Veloce Publishing. p. 15. ISBN 1903706882.
- ↑ Scherer, Peter (1999). Publicación TFM, ed. 50 Years of British Grand Prix Drivers. p. 91.
- ↑ "Eric Thompson". oldracingcars.com. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "Drivers: Eric Thompson". GrandPrix.com. Inside F1, Inc. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ Hergault, Julien (14 de abril de 2013). "Le Mans Drivers Hall of Fame". 24h-LeMans.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "Le Mans 24 Hours 1951 - Race Results - Racing Sports Cars". www.racingsportscars.com. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "1952 F1 Results & Standings Schedule | F1-Fansite.com". F1-Fansite.com (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "1953 Aston Martin Owners Club - ChicaneF1.com". www.chicanef1.com. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "9 h Goodwood 1953 - Race Results - Racing Sports Cars". www.racingsportscars.com. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "1945 Robert Benoist Cup - ChicaneF1.com". www.chicanef1.com. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ "Tourist Trophy 1953 - Race Results - Racing Sports Cars". www.racingsportscars.com. Consultado o 8 de novembro de 2016.
- ↑ Galpin, Darren. "1953 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eric Thompson |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eric Thompson career summary at DriverDB.com
- Eric Thompson driver statistics at Racing-Reference
- Eric Thompson nas 24h de Le Mans